Madrugadores O Pino
Dámoslle a benvida ao frío do outono con arte e moita cor!
Coa chegada do frío e a caída das follas, en Madrugadores O Pino decidimos recibir o outono converténdonos en pequenos/as artistas.
Para esta ocasión, e deixando voar a nosa imaxinación, empregamos unha técnica artística do máis orixinal. Só necesitamos un globo e pintura para crear uns cadros chulísimos e cheos de cores.
Así, entre globos, pintura e moitas ganas de pasalo ben, demos a benvida a unha das estación máis bonitas do ano. Porque nós temos claro que, aínda que chegue o frío, a creatividade e a diversión nunca se arrefrían!
Unha semana curta, moitos xogos e… caras moi divertidas!
Esta semana foi máis curta do habitual, pero iso non impediu que en Madrugadores O Pino desfrutásemos de momentos cheos de diversión e risas. Os xogos convertéronse nos grandes protagonistas destes días.
Pero, entre todas as propostas, houbo unha que conseguiu levarse o título de xogo estrela da semana: “Constrúe a túa cara”.
O reto parecía sinxelo, pero tiña a súa dificultade: cada madrugador e madrugadora debía colocar, sin mirar, as diferentes partes da cara no seu lugar, intentando construír un rostro o máis correcto posible. Así, a orientación, a intuición e a precisión xogaron un papel fundamental.
Ás veces, o resultado achegábase moito ao esperado e, outras, aparecían caras do máis disparatadas que provocaban gargalladas entre os compañeiros/as.
Máis alá de conseguir unha cara perfecta, o importante foi disfrutar do proceso, poñer a proba a percepción espacial e a coordinación ollo-man, e aprender que equivocarse tamén forma parte do xogo.
Novos días, novas historias e moitas ganas de volver a compartir mañás!
Co comezo do curso escolar, en Madrugadores O Pino volvimos abrir as portas para recibir un novo curso cheo de ilusión, xogos, descubrimentos e, sobre todo, moitos momentos para compartir.
Durante os primeiros días, os nosos madrugadores/as foron reincorporándose pouco a pouco, reecontrándose cos compañeiros/as e recuperando esa rutina que durante o verán quedara aparcada. Houbo tempo para xogar, rir, poñerse ao día e, por suposto, para contar todo o vivido durante as vacacións de verán.
E agora que xa estamos totalmente inmersos no día a día, chegou o momento de poñer en marcha as actividades programadas.
A nosa primeira actividade deste curso foi un retrato moi especial. Para comenzar a construír, pouco a pouco, o noso propio espazo, propuxémoslle un pequeno reto: cada madrugador e madrugadora debía crear un retrato de si mesmo/a.
Así, fumos creando unha colección de retratos chulísimos que agora forman parte dunha gran exposición na aula de madrugadores/as.
E isto é só o comezo…
Porque ao longo do curso iremos enchendo as paredes, os recunchos e, sobre todo, as nosas mañás de xogos, experiencias, creación e recordos compartidos.



