Madrugadores O Pino
Un curso máis para o recordo!
E casi sin darnos conta… chegou o momento de cerrar outro capítulo cheo de historias, aprendizaxes e momentos inolvidables en Madrugadores O Pino.
Foi un curso cheo de risas contaxiosas, aventuras improvisadas, xogos infinitos, manualidades creativas e tamén algunha que outra lágrima que nos axudou a crecer e a coidarnos entre todos e todas. Porque si algo tivemos claro desde o primeiro o día, foi que o máis importante era convivir, respetarnos e construír entre todos e todas un gran equipo onde sempre reinase o compañerismo, a empatía e o cariño.
Ao longo deste tempo superamos retos xuntos, aprendimos a compartir, a escoitar, a axudarnos e, sobre todo, a disfrutar das pequenas cousas que converten cada mañá en algo especial.
Esperamos que cada peque leve un pedaciño de todo o vivido este curso e que, cando recorden Madrugadores O Pino, o fagan cun sorriso enorme.
Agora toca descansar, disfrutar do verán e seguir creando recordos maravillosos.
Feliz verán e ata pronto!
Xogos, risas e traballo en equipo
A diversión foi a protagonista desta semana na aula de madrugadores O Pino. Os nenos e nenas participaron en diferentes xogos en gran grupo enchendo as mañás de enerxía e compañerismo. Entre as actividades máis destacadas estivo o clásico tinieblas, onde a emoción e o traballo en equipo foron a clave. Tamén destacou o xogo de atrapa a bandeira, convertindo a aula en todo un campo de estratexia e aventura.
Tras uns días tan dinámicos, agora toca prepararse para a próxima semana, que ven cargada de moitas conmemoracións especiais.
Seguimos organizando todo con moita ilusión!
Unha semana de xogos organizada polo alumnado
Tras o éxito do reto levado a cabo a semana pasada, outro grupo de nenos/as mostrou o seu entusiasmo por participar neste. Así, cada un deles organizou e planificou a actividade de cada día.
O longo da semana levaronse a cabo xogos moi variados e dinámicos, entre os que destacaron propostas como vidas, pilla pilla monstruo e pilla conxelado.
A iniciativa volveu a convertirse nun espazo de convivencia, participación e imaxinación, onde cada madrugador/a aportou ideas.
Sen dúbida, foron unhas xornadas moi divertidas.
Día mindial da infancia
Esta semana, en Madrugadores O Pino, celebramos o Día Mundial da Infancia, conmemorado o 20 de Novembro. Así, a cativada deu vida a unha estreliña feita con papeis de cores. Esta garda no seu interior unhas sementes que pronto agromarán e farán realidade a mensaxe que as acompaña: “Un neno/a pode converter calquera estrela nun desexo”.
Así mesmo, os madrugadores e madrugadoras fixéronnos chegar unhas cartas para envialas directas ao Polo Norte nas que reclaman a visita do elfo Panchito. Volverá este ano para contaxiarnos coa súa maxia?
Uns ourizos de outono moi orixinais
En madrugadores O Pino, esta semana quixemos dar unha nova vida as follas secas do outono. Para iso, elaboráronse uns orixinais e coloridos ourizos.
Gracias a esta actividade achegámonos a nosa contorna traendo a aula elementos naturais propios desta época.
Por outro lado, tampouco faltou o tempo para xogar. Un dos xogos estrela desta semana foron os xogos de construción.
Estamos a traballar en novos proxectos cos que agardamos sorprendervos a vindeira semana.
Xogando, xogando… os días van pasando
Despois dunha semana moi creativa, estes días sacamos o noso lado máis lúdico realizando diferentes xogos na aula de madrugadores/as que foron fonte de desfrute e diversión. O xogo estrela foi o datchball, que puxo a proba a capacidade de cooperación e traballo en equipo da cativada.
Así mesmo, numerosas historias chegaron a aula en forma de contacontos. Deste xeito, Rosita e o noso coelliño, protagonistas destes contos, fixéronnos vivir divertidas aventuras que quedan para o recordo.
Que sorpresas nos agardarán a vindeira semana?
Un Samaín moi terrorífico e lúdico
E co transcorrer dos días chegou unha das celebracións máis agardadas na aula de madrugadores do CPI Camiño de Santiago: o Samaín.
Para recibir estas datas como se merecen, elaboramos unhas lámpadas ben fermosas con forma de cabaza para que luzan ben terroríficas na decoración dos fogares da nosa cativada.
Así mesmo, para poñer broche de ouro a esta semana a aula de madrugadores converteuse nun terrorífico escenario no que celebramos unha gran festa. Nesta estiveron convidados: esqueletos, cabazas, vampiros e vampiresas, pantasmas… Non faltou a música e as ganas de pasalo ben.
E vós que dicides? Truco ou trato?
Pistoletazo de saída en O Pino a un novo curso escolar
Tras un breve período de adaptación e poñernos o día con todas as aventuras do verán, comezamos este novo curso con moita ilusión e entusiasmo.
Estas primeiras semanas realizamos unha serie de xogos nos que se tivo en conta as peticións dos madrugadores e madrugadoras. Entre eses xogos destacamos as esquinas de cores, o teléfono escacharrado, o brilé…
Seguindo coas tradicións, aquí non perdemos as ganas de festa, por iso xa comezos a preparar a nosa particular celebración de Samaín. Concretamente, estamos a traballar nunha orixinal manualidade que vos mostraremos a vindeira semana.
Chegamos coas pilas moi cargadas, novas ideas e ganas.
Preparadas familias?








