Campamento CONCILIATEA URBANO Verán Ponteareas

Un ano máis volvemos estar xuntos e xuntas… e non podemos estar máis contentos!! ☀️🎉

Este mes de xullo está sendo unha auténtica aventura. Cada día vivimos novas experiencias a través de contacontos, paseos, xogos de auga, actividades deportivas, visitas aos parques e moitas outras propostas cheas de diversión.

O máis importante é compartir, facer novas amizades, aprender xogando e desfrutar ao máximo das vacacións de verán nun ambiente seguro, dinámico e cheo de sorrisos.

E isto… só acaba de comezar! Seguimos creando lembranzas inesquecibles xuntos e xuntas. 💙🌞