Campamento de Verán de Frades
🌺🌴 Unha gran Festa Hawaiana para pechar o campamento! 🎉🏕️
Chegou o momento de despedir o Campamento de Frades… e fixémolo por todo o alto! 🥳💛
Para poñerlle o broche de ouro a este verán, os nenos e nenas desfrutaron dunha auténtica FESTA HAWAIÃNA! 🌴🌺🍍, chea de cor, música, xogos, risas e moita diversión. 🎶😂🎉
🌺 Ambiente tropical
🥪 Merenda hawaiana con sándwiches
🍓🥭 Batidos de froita ben fresquiños
🎨 Talleres e actividades
🎶 Música, xogos e baile
🏆🌺 E os esperados ÓSCARES HAWAIÃNOS!
Un dos momentos máis divertidos da festa foi a entrega dos Óscares Hawaianos 🏆✨, nos que recoñecemos con moito humor e cariño aos grandes protagonistas deste campamento. 👏😜💛
Foi unha tarde para celebrar, rir, bailar e desfrutar xuntos antes de poñerlle punto e final a un verán cheo de aventuras e momentos inesquecibles. 🥰🌈
💛 GRAZAS, NENOS E NENAS, POR FACER DESTE CAMPAMENTO UN VERÁN INCRIBLE!
🌴🌺 ATA O ANO QUE VÉN! 👋🏕️✨
👩🍳🍳 A última quenda do campamento: pequenos chefs en acción! 🏕️✨
Poñemos punto e final ás quendas do Campamento de Frades cunha última quenda moi especial na que a cociña foi a gran protagonista! 👩🍳👨🍳🥣
Durante estes días, os nenos e nenas de Frades deixaron por un momento os xogos para poñerse o mandil, coller os utensilios e converterse en auténticos CHEFS! 🧑🍳⭐
🥣 Mesturamos ingredientes
🍓 Experimentamos con novos sabores
🍪 Preparamos deliciosas receitas
🥪 Elaboramos diferentes pratos
😋 E, por suposto, tamén probamos as nosas creacións!
Foi unha quenda na que aprendemos que cociñar tamén pode ser divertido! 🎉 Ademais de descubrir novas receitas, os pequenos chefs traballaron en equipo, puxeron a proba a súa creatividade e desfrutaron dun montón entre fariña, froitas, batidos, sándwiches e moitas outras elaboracións. 🍓🥪🥛🍪
Unha maneira estupenda de pechar as quendas do campamento: aprendendo, creando, desfrutando e, sobre todo, pasándoo en grande! 💛🏕️
👏 Parabéns aos nosos pequenos grandes chefs! 👩🍳👨🍳🌟
E agora si… podemos dicir que no Campamento de Frades temos unha nova xeración de cociñeiros e cociñeiras! 😜🍳✨
🏕️☀️ A 5ª quenda do campamento entra na recta final! 🎉💦
E así, case sen darnos conta… AGOSTO CHEGOU AO SEU FIN! 😱📅 E con el, a nosa 5ª quenda do Campamento de Frades está a piques de despedirse. 🥹💛
Pero tranquilos/as… 😜 ¡A diversión aínda non rematou! 🥳
Nestes últimos días, os nenos e nenas de Frades aproveitaron ao máximo as últimas xornadas de piscina 🏊♀️💦☀️, con moitos chapuzóns, xogos, risas e momentos para lembrar. 😂💙
E como non podía ser doutra maneira… tamén estamos a preparar unha GRAN FESTA DE FIN DE CAMPAMENTO! 🎊🎶🕺💃✨
🎨 Preparativos
🎭 Ensaios
🎉 Moita ilusión
😂 Moitas risas
💪 E ganas de celebralo por todo o alto!
💛 E nestes últimos días tamén nos tocou dicir adeus á nosa monitora en prácticas, Lucía. 🥹👋
Lucía acompañounos durante este tempo, compartindo xogos, actividades, risas e moitos momentos cos nosos nenos e nenas. 🥰🏕️💫
🌟 Moitas grazas, Lucía, por formar parte desta aventura e por deixarnos tantos bos recordos! Esperamos que leves contigo un anaquiño do noso campamento e que volvas visitarnos moi pronto! 💛🤗
Xa queda moi, moi pouquiño… ⏰👀
💛 Despois de tantos xogos, aventuras, amizades e momentos compartidos, imos poñerlle o broche de ouro a un verán inesquecible! 🌈🏕️✨
🚀 Últimos días… pero con moitas ganas de desfrutalos!
🎉 VÉMONOS NA FESTA DE FIN DE CAMPAMENTO! 🎉
🔬🧪 Remata a 4ª quenda do Campamento de Frades! 🌈✨
Poñemos punto e final á 4ª quenda do Campamento de Verán de Frades, unha quenda na que a ciencia e os experimentos foron os grandes protagonistas! 🧪🔬
Durante estes días, os nenos e nenas experimentaron, descubriron e aprenderon xogando, facendo diferentes experimentos e probas científicas que lles permitiron dar renda solta á súa curiosidade. 🤩💡
🍳 Tamén desfrutamos de talleres de cociña, xogos, manualidades e moitas outras actividades que fixeron desta quenda uns días cheos de diversión e novas experiencias. 👩🍳🎨🎲
Foi unha quenda para preguntarnos, probar, equivocarnos, volver intentalo e, sobre todo, pasalo xenial! 💛
🌈 Grazas a todos os nenos e nenas por facer desta 4ª quenda unha experiencia tan especial! 🥰🎉
🌞💦 Remata a 3ª quenda do Campamento de Frades!
Chegamos ao final da 3ª quenda do Campamento de Frades despois de días cheos de diversión, aventuras e moitos momentos para gardar no recordo! 💛✨
🏊♀️ Tivemos días de piscina para refrescarnos e pasalo en grande, 🎂 celebramos cumpreanos con moita festa e alegría, 🛝 fixemos saídas ao parque, xogamos, rimos, compartimos e desfrutamos de moitas actividades xuntos. Unha quenda chea de experiencias, novas amizades e momentos que de seguro quedarán na memoria dos nosos usuarios. 🥰🎉
Pero, sen dúbida, esta quenda tamén estivo marcada por unha despedida moi especial… 🥹💛 o noso querido monitor Marcial remata os seus días como monitor do campamento.
Foron moitos días compartindo xogos, risas, aventuras e momentos inesquecibles cos nenos e nenas de Frades. 💫 Aínda que agora comeza unha nova etapa para el, terémolo sempre presente nos recordos do Campamento de Frades e no corazón de todos os que compartiron estes días con el. 🫶
Grazas por todo, Marcial! 💛 Ata sempre! 👋🥹
E grazas tamén a todos os usuarios e ás súas familias por facer posible outra quenda tan especial. Vémonos na próxima aventura! 🌈🎒✨
A 2ª quenda do Campamento de Verán do Concello de Frades estivo chea de imaxinación, xogos e moita creatividade! 🎨✨
Este ano, a temática do campamento é precisamente a creatividade, e nesta quenda quixemos dedicarlle un espazo moi especial ao teatro. 🎭💫
As nenas e nenos convertéronse en auténticos artistas: inventaron historias, crearon personaxes, deixaron voar a súa imaxinación e, sobre todo, perderon a vergoña e desfrutaron xogando e expresándose enriba do escenario. 👏😄
Ao longo destes días houbo momentos para rir, crear, experimentar e traballar en equipo, demostrando que cando deixamos voar a imaxinación, non hai límites para a creatividade! 🌟
🎭 Unha quenda chea de historias, personaxes, risas e moita maxia que xa forma parte dos recordos deste verán en Frades. 💛☀️
Rematou a primeira quenda do Campamento de Frades!
A primeira quenda do Campamento de Frades chegou ao seu fin, e non podía facelo dunha mellor maneira. Durante estes días, os usuarios mergulláronse na Feira da Creatividade, unha semana chea de imaxinación, xogos, obradoiros, retos e moitas risas.
🎭 Crear, experimentar e compartir foron as palabras protagonistas dunha quenda na que cada participante puxo en marcha a súa creatividade e fixo novos recordos.
💛 Grazas a todos os usuarios e ás súas familias por formar parte desta aventura. Agora… xa estamos preparados para a seguinte quenda!







