Madrugadores Trazo
Volta ao curso!
Volvemos un ano máis ás nosas aulas e comezamos un novo curso cheos de ilusión, ganas de compartir e moitas aventuras por vivir!
Durante estas primeiras semanas estivemos poñendo todo no seu sitio, adaptándonos de novo á rutina e dando a benvida ao outono.
Tamén decoramos a nosa aula con diferentes elementos propios desta estación, enchendo cada recuncho de cores, creatividade e espírito outonal.
Comezamos unha nova etapa con moita ilusión e moitas ganas de aprender, xogar e medrar xuntos!

