Campamento de Verán de Avión
Última semana no Campamento de Avión!
Chegamos á última semana do campamento! Comezamos con Madagascar 3, e debuxando os nosos propios circos. O martes, deixamos voar a imaxinación co reto “Isto non é un paraugas, é un…”; subimos escalóns cara á igualdade. E desfrutamos dunha xornada de piscina. E para rematar por todo o alto… FESTA FINAL: O CIRCO! Disfraces, merenda, xogos de feira, risas e un vídeo cheo de recordos do campamento.
Última semana, chea de despedidas, vémonos o próximo verán!
Unha semana máis no Campamento de Avión!
O luns desfrutamos dunha xornada na praia fluvial, o martes refrescámonos con xogos de auga e o mércores demos un paseo por Avión.
O xoves, como cada semana, tocou piscina e o venres puxémonos mans á obra cun divertido MasterChef por equipos, preparando crepes, gofres e mini cupcakes.
Unha gran semana no Campamento de Avión!
O luns comezamos con xogos tradicionais. O martes participamos nunha xornada de corresponsabilidade con xogos, inchables, festa da escuma e comida, acompañados das familias. O mércores fomos en autobús ao cine para ver “La Patrulla Canina: The Dino Movie”
O xoves tocou piscina e o venres subimos ao Coto do Castro, onde aprendemos un pouco máis nunha charla co arqueólogo Jorge Lamas.
Comeza agosto no Campamento de Avión!
O martes fumos ao Concello de Avión cunha visita guiada polo alcalde. O mércores aprendemos sobre alimentación saudable e preparamos a nosa propia merenda. O xoves tocou piscina e o venres fixemos uns divertidos sombreiros para a festa mexicana.
Seguimos desfrutando deste verán!
Pechamos o mes no Campamento de Avión!
Esta semana os máis maiores puxeron a proba o seu enxeño cun escape room da man de “Haters&Lovers”, mentres os máis pequenos desfrutaron de xogos de auga. O martes fomos á praia fluvial e o mércores cada un preparou un recordo do campamento: un estoxo personalizado coas sinaturas de todos os compañeiros e compañeiras, e un debuxo elixido por eles.O xoves, como é tradición, tocou piscina.
E para rematar este gran mes, o venres tivemos unha divertida festa con disfraces e unha merendola.
Unha semana chea de aventuras no Campamento de Verán do Concello de Avión!
Comezamos a semana celebrando a vitoria da selección española xogando fútbol, os máis pequenos divertíronse con xogos como o teléfono estragado, o impostor e Pobo dorme. O martes fomos ao río, o mércores recibimos unha actividade de Lecer e Consumo, o xoves desfrutamos da piscina e o venres pasamos unha gran xornada no encoro de Castrelo, onde practicamos kaiak, pádel surf e pedaletas.
Seguimos desfrutando dun verán cheo de aventuras e bos momentos!
☀️ Unha nova semana no Campamento de Verán do Concello de Avión!
Esta semana comezamos cun obradoiro de igualdade e os máis maiores practicaron diferentes deportes. O martes participamos nunha actividade no encoro xunto co 112, o mércores vimos a película de Mario Bros, o xoves desfrutamos da piscina e o venres deseñamos os nosos propios cromos do Mundial.
Seguimos pasando un verán cheo de diversión e bos momentos!
Outra semana no Campamento de Verán do Concello de Avión !
Esta semana fixemos un gran mural do campamento deseñando as nosas propias sandalias, desfrutamos de xogos de auga no pavillón, pasamos unha mañá na piscina e tamén demos un paseo polo río. ¡Seguimos pasando un verán cheo de diversión e bos momentos!
Comezamos xullo no Campamento de Verán do Concello de Avión!
Arrancamos xullo da mellor maneira posible cunha divertida festa de inicio de mes, chea de xogos, comida, música e moitas ganas de pasalo ben. O xoves tocou ir a piscina e, para rematar a semana, o venres refrescámonos na praia fluvial, aproveitando o bo tempo. Seguimos sumando aventuras e diversión neste verán!
Primeira semana do Campamento de Verán do Concello de Avión!
Comezamos a semana coñecéndonos, creando os nosos carteis para as mochilas e compartindo ideas sobre as actividades que nos gustaría facer neste verán. O martes fixemos xogos con pelota como o brilé, o bote e o fútbol. O xoves refrescámonos na piscina e, para rematar a semana, o venres tivemos unha divertida sesión de película e bailes. Nesta última semana de xuño tamén tivemos tempo para facer origami e xogar ao bádminton, ademais de participar en xogos de auga e nunha emocionante partida de atrapa a bandeira. ¡Un gran inicio de verán cheo de diversión e bos momentos! �










