Madruga Cuntis
Inventores e arquitectos do pasado.
No madruga de Cuntis non paramos coa viaxe no tempo e esta semana tocaba experimentar coas nosas propias mans.
Como o Samaín xa asoma, arrancamos mergullándonos na lectura cun conto moi “divertido” de gatos negros para despois debuxar os nosos propios gatiños feiticeiros, que quedaron con moitísima personalidade!
Pero aí non quedou a cousa, porque a máquina do tempo funcionou a cen por hora. Convertémonos en arquitectos prehistóricos e erguemos as nosas propias construcións megalíticas a escala, descubrindo como movían eses pedrolos sen grúas e montando dolmens e menhires moi resistentes.Do mesmo xeito, fabricamos as nosas propias ferramentas deseñando frechas e machadas coma as do pasado, demostrando que estes pequenos viaxeiros teñen un enxeño incrible.
Gatos negros, pedras xigantes e moito traballo en equipo… ¡esta semana tivo de todo! Ata a próxima aventura.
Novas aventuras na prehistoria e mañás de xogo.
¡O noso servizo de madrugadores de Cuntis segue cheo de enerxía e diversión! A pesar de que esta semana foi un pouco máis curta, aproveitamos cada minuto para continuar a nosa incrible viaxe pola liña do tempo, explorando os segredos do pasado.
Nesta parada pola Prehistoria, os nosos pequenos viaxeiros puxeron a proba os seus coñecementos cun emocionante Pasapalabra prehistórico , demostrando ser uns auténticos expertos no noso pasado.
A estratexia e a rapidez tamén foron protagonistas grazas ao seu xogo de mesa favorito, «Tiburón», onde a máxima adrenalina consistiu en lanzar os dados e ser o máis rápido en salvar os peixes antes de que o tiburón os atrapara.
Ademais da acción, estes días tamén nos regalaron momentos de calma e desconexión. Dedicamos unhas xornadas moi especiais á lectura , compartindo historias fascinantes e viaxando grazas ós libros cara a mundos imaxinarios.
A nosa liña do tempo non para e xa estamos listos listos para o seguir coñecendo o noso pasado. Que misterios nos agardan no próximo destino? Pronto o descubriremos!
A axencia do tempo en Madrugadores Cuntis
Damos unha calorosa benvida a un novo curso no servizo de madrugadores Cuntis. Arrancamos con máis enerxía e ilusión que nunca, listos para compartir moitas mañás de xogos, aprendizaxe e risas.
Este curso decidimos converternos en auténticos viaxeiros do tempo e inaugurar unha fascinante axencia do tempo que nos levará a explorar as grandes épocas da historia, comezando pola Prehistoria , viaxando cara ao misterioso Antigo Exipto, a Idade Media…. Nesta primeira parada prehistórica, transformámonos en intrépidos cavernícolas: puxemos a proba a nosa creatividade elaborando as nosas propias pinturas rupestres e convertémonos en rastreadores ao seguir as pegadas de mamuts que apareceron polo colexio.
Ademais de viaxar a un pasado remoto, as nosas mañás tamén estiveron cheas de diversión e compañeirismo grazas aos xogos de mesa, cos que adestramos a mente, compartimos risas e aprendemos a traballar en equipo. Estes primeiros días tamén foron o momento perfecto para o reencontro; sentámonos xuntos e contamos todas as aventuras que vivimos durante o verán, lembrando as viaxes, as tardes de praia e os momentos en familia.
Comeza un curso cheo de historias por descubrir, movemento e moita diversión. A nosa axencia do tempo só acaba de empezar… Ata o próxima semana!



