DiverTeo Calo Verán
Un final de cine en Calo
O mes de xullo chega ao seu fin, pero da mellor maneira posible: como si fósemos os/as protagonistas dunha gran película de Hollywood. Durante estas semanas vivimos aventuras, risas, emocións e momentos inolvidables que nos fixeron sentir auténticas estrelas de cine.
Os/as pequenos/as de Infantil desfrutaron de actividades cheas de diversión. Para recoñecer todo o seu talento elaboraron un diploma á mellor actriz e mellor actor. Ademais, encheron as mañás de xogos tan divertidos como a «araña», as «esquinas de cores», o «bingo de cores» e os «xogos musicais» que puxeron ritmo e alegría a cada momento.
Pola súa parte o grupo de Primaria continuou inmerso no máxico mundo do cine cun divertido bingo musical de películas Disney, onde as cancións máis coñecidas fixéronnos cantar, recordar e desfrutar a todos/as as participantes. Tamén tiveron a oportunidade de organizar algunhas das actividades da última semana, formando grupos que decidían a qué xogar cada día, xogando aos xogos favoritos: «cachibote», «cadrado», «pi», «escondite por parellas», «pobo durme», «asesino»… E moitas outras propostas que demostraron cales foran os éxistos do verán. Para poñer o broche de ouro a este mes tan especial, celebramos un espectacular concurso de baile por equipos, onde as monitoras eran as capitanas. Coreografías cheas de creatividade e compañeirismo, as cales nos fixeron lembrar que cando traballamos xuntos/as, nos apioamos e desfrutamos en equipo, todo resulta moito mellor.
Así remata a nosa particular longametraxe de verán. Apáganse os focos, cérrase o telón e aparecen os créditos finais, pero os recordos deste mes de xullo permanecerán para sempre nos nosos corazóns.
Gracias familias de Calo por confiar en nos sempre!
Xuntos/as todo é mellor
Esta semana en Calo vivimos uns días cheos de imaxinación, deporte e creatividade.
Os/as máis pequenos/as de Infantil convertéronse en auténticas estrelas de cine. Realizron unha manualidade da famosa estatuilla dos Oscar, e desfilaron como verdadeiros actores e actrices pola alfombra vermella. Tamén crearon unha divertida cámara de fotos, onde debuxaron as súas películas favoritas. Ademais, xogaron a roubarse a cola coma se fosen ratiños e fixeron un emocionante bingo de cores.
Por outra banda, os/as participantes de Primaria demostraron todo o seu talento preparando divertidos bailes relacionados con distintos deportes: fútbol, fútbol americano, baloncesto, boxeo e tenis. Uns bailes feitos por eles mesmos con moita diversión. Tamén fixemos un scaperoom inspirado na película “Alicia no País das Maravillas”, e a través de diferentes probas descubrimos que a forma de salvar a Alicia daquel mundo máxico era despertarse e salir do soño. A diversión non rematou aquí xa que fixemos dous torneos: brilé e fútbol, onde se demostrou compañerismo e moita diversión. Ademais, inventamos un novo xogo o “escondite por parellas”, porque no Diverteo sabemos que todo é mellor xuntos.
Tivemos tempo de refrescarnos, os/as de Infantil con xogos de auga e os de Primaria na piscina dos Tilos.
E para poñer o broche final a esta semana tan fantástica, recibimos a visita de Pablo Trasno, un artista que nos fixo desfrutar dos seus increíbles malabares, a súa simpatía e un montón de chistes que provocaron risas entre os pequenos/as e maiores.
Tan só nos queda unha semana para poder seguir desfrutando xuntos. Desexando estamos de pasar bos momentos ca nosa familia chamada DIVERTEO!
Calo convértese en Hollywood e resolve o caso da estrella perdida!
O Diverteo de Calo segue transformado nun auténtico estudio de Hollywood, onde a rapazada desfrutou de actividades cheas de creatividade, aventura e moita diversión, relacionadas co mundo do cine.
Os cativos e cativas de Infantil elaboraron unha manualidade inspirada no Paseo da Fama. Cada neno/a fixo a súa propia estrella empregando a silueta da súa man, e deixando unha pegada especial neste rincón cinematográfico. Ademais, demostraron as súas dotes de actores e actrices participando en divertidos xogos de mímica sobre películas, representando personaxes e escenas de cine. Tamén tiveron a oportunidade de poñerse na pel de piratas e facer unha emocionante búsqueda do tesouro.
O grupo de Primaria protagonizaron un festival de baile inspirado en películas de debuxos animados: “Coco”, “Zotrópolis 2”, “Madagascar”, “O rei león”, “Minions” e “Toy Story”, foron as películas elexidas. Os bailes estiveron coreografiados polos propios/as nenos/as e estiveron cheos de cor, disfraces e moita diversión. A aventura continuo cun “Cluedo” titulado “Misión Hollywood”, onde un misterioso roubo sacudiu o mundo do cine: ¡a famosa estrela de Hollywood desaparecera! Os/as participantes resolveron o caso a través de diversas probas, acertixos e desafíos para descubrir quen foi o culpable. Tras unha longa investigación, o misterio quedou resolto: o ladrón fora Woody que esconderá a estrela na clase dentro dunha mochila.
O venres puidemos desfrutar do bo tempo indo á piscina e dos xogos de auga, refrescándonos.
Unha semana chea de aventuras, de cámaras e de acción!
Luces, cámara e… moita diversión no DiverTeo Calo!!
Este mes de xullo o noso campamento converteuse nun plató de cine cheo de aventuras, risas e momentos inolvidables.
O grupo de Infantil celebrou un Festival de cine: prepararon os seus propios flocos de millo, deseñaron entradas de cine coa súa película favorita e sentíronse como estrelas da gran pantalla.
Tamén tiveron tempo de desfrutar do bo tempo con pompas de xabón, onde o areeiro encheuse de felicidade. A diversión continuo con xogos como a “araña”, “zapatiño inglés” ou “lobo qué hora é?”. E a rapazada fixo unha gran festa musical ao son da música.
O grupo de Primaria non quedou atrás e celebrou unha xincana cinematográfica con probas sobre películas de Disney. Tiñan que adiviñar en qué películas aparecían algún obxectos coma unha lámpada, unha calabaza ou un ukelele, debían formar un nome através de nomes de personaxes de películas ou descubrir as cores dos protagonistas de Disney.
Houbo tempo para xogar aos xogos que máis lles gustan aos participantes: “cachibote”, “cadrado”, “pobo dorme”, pero tamén xogos novos como a “estrella”, o “infinity” e o “detective da roupa”.
Tivemos a gran sorte de contar coa visita do “Festival Atlántica”, e Soraya foi a encargada de contarnos contos como “Aitana e a avoa”, “As princesas tamén se tiran peidos” e “A vaca que puxo un ovo”. Soraya fíxonos viaxar a un mundo máxico, deixando voar a nosa imaxinación.
Sen dúbida, foi unha semana de película que quedará no noso recordo.




