Madrugadores Os Ánxeles

Xogando dende primeira hora da mañan

No servizo de MADRUGADORXS da EEI OS ÁNXELES – BRIÓN, non perdemos o tempo e dende que chegamos xa estamos a realizar xogos coas nosas compañeiras e cos nosos compañeiros que asisten ao servizo como realizar un xogo de memoria de emparellar, ou un veo-veo, ou adiviñar quen será o seguinte que chegue a escola. Tamén, nos relaxamos un pouco coloreando ou observando contos, que algún día que outro o noso equipo de monitores cóntanolos.

Benvidxs a Madrugadorxs 2026 – 2027!!

Xa estamos de volta un novo curso polo servizos de MADRUGADORXS da EEI OS ANXELES de BRIÓN.

Comezamos este mes de setembro, xogando entres nos, coloreando un mural, e falando moito do que realizamos nas nosas vacacións e no noso día a día.

Coa emoción da volta ao novo curso e a ilusión de volver a reencontrarnos antes do comezar a escola, andamos a compartir momentos esquecibles os/as asistentes ao servizo.