Campus Deportivo A Estrada
O Campus Deportivo de A Estrada pon fin a súa XVII edición
E así, case sen darnos conta, chegamos ao final do noso campamento de deportes! As pistas quedan un pouquiño máis tranquilas, as pelotas descansando e nós… intentando recuperar o aire despois de tantas carreiras, xogos, risas e aventuras.
Queremos dar as grazas de corazón a todas as familias pola confianza depositada en nós. Grazas ás que nos acompañades ano tras ano, por seguir contando connosco, e tamén ás novas familias, por animarse a formar parte desta pequena gran familia deportiva. Foi un pracer compartir con todos e todas un verán cheo de deporte, compañeirismo, diversión e, sobre todo, moitos bos momentos.
Agora toca gardar as zapatillas, coller folgos e preparar as mochilas, porque comeza un novo curso escolar! Desexámosvos un feliz comezo de curso, con moitas ganas, ilusión e, por suposto, as pilas ben recargadas!
O Campus Deportivo de A Estrada despide o verán 2026
O verán chega pouco a pouco á súa fin e con el tamén se despide o Campus Deportivo de A Estrada 2026, unha experiencia chea de deporte, diversión, compañeirismo e momentos que quedarán na memoria dos máis pequenos.
Ao longo destas semanas, os nenos e nenas participantes gozaron de numerosas actividades e, entre elas, dunha das xornadas máis agardadas: a visita ao parque acuático de Cerceda, onde a diversión estivo máis que asegurada. Unha xornada, que a pesar das inclemencias meteorolóxicas estivo chea de risas, xogos e auga que forman parte dos recordos deste verán.
Pero, por riba de todas as actividades, quedan os lazos de unión creados entre os nenos e nenas. Novas amizades, compañeiros de aventuras e experiencias compartidas que fan que o campus sexa moito máis ca unha actividade deportiva de verán. E aínda que todo o bo se acaba, o Campus Deportivo de A Estrada aínda ten unha última cita. A clausura terá lugar o día 31 de agosto na praia fluvial de Liñares, onde se poñerá o punto final a esta edición cunha última xornada para compartir, desfrutar e despedir como merece un verán tan especial.
Agora toca gardar os bañadores, os xogos, as risas e, sobre todo, os recordos. Porque o verán 2026 remata, pero as amizades e as historias compartidas no Campus Deportivo de A Estrada quedarán connosco moito tempo.
Comeza a 2º quenda de agosto do Campus Deportivo de A Estrada!!
Parece que onte comezabamos o verán e xa estamos a punto de rematalo… Aquí na Estrada o tempo pasa aínda máis rápido con tanto entretemento e tanto deporte. Aínda nos quedan 15 días por diante para seguir gozando desta aventura, pero xa comezamos a vivir algunhas despedidas entre os nenos e nenas que remataron a súa estancia, mentres outros continúan con nós durante esta nova quincena.
Os días, ademais, acompañáronnos para poder desfrutar aínda máis da piscina e da clase que nos deu o CNS (Club Natación e Salvamento), na que aprendemos, practicamos e, sobre todo, pasámolo xenial. Tamén contamos coas actividades do Clube de Bádminton A Estrada, que nos permitiron achegarnos a un deporte diferente e descubrir novas habilidades, xa que o bádminton está considerado o deporte mais rápido do mundo.
E como non podía ser doutra maneira, o pasado venres puxemos o broche a esta primeira parte do campamento cunha visita á praia fluvial do Rio Liñares. Un día para desfrutar da auga, dos xogos, dos amigos e de todos eses pequenos momentos que fan que o verán sexa tan especial. Foi tamén un día de emocións, xa que para algúns nenos e nenas chegou o momento da despedida, despois de compartir aventuras, risas e moitos momentos inesquecibles.
Pero isto aínda non rematou! Para os que continúan con nós, quedan 15 días máis cheos de deporte, diversión, novas experiencias e, seguro, moitas máis historias que contar. Porque aínda nos queda moito verán por desfrutar na Estrada!
Unha semana chea de deporte, diversión e novas amizades no Campus Deportivo de A Estrada!
Esta semana no noso campamento deportivo estivemos a gozar ao máximo de cada momento entre xogos, adestramentos e moitas risas, estamos a vivir uns días cheos de enerxía e ilusión. Ademais, esta semana temos unha actividade moi especial: o Día da Bicicleta! Será unha oportunidade perfecta para gozar do deporte dun xeito diferente e compartir unha xornada moi divertida entre todos. Pero se hai algo que está a destacar especialmente nestes días son as novas amizades.
Moitas caras novas chegaron ao campamento con algo de timidez, pero xa comezaron a formar grandes amizades xa que o deporte non é só competición, esforzo ou gañar; o deporte tamén é unha maneira estupenda de coñecer persoas, compartir e facer amigos.
Estamos moi felices de ver como, pouco a pouco, todos se integran, se animan e se axudan entre eles.
O máis bonito é comprobar que, ao final de cada xornada, marchamos para casa cun sorriso e con novas historias que contar.
Seguiremos desfrutando desta semana con moitas ganas, e sobretodo moito deporte na recta final desta terceira quenda!
Porque no noso campamento o importante non é só participar, senón desfrutar, aprender e levar connosco novos amigos e grandes recordos!
Que non pare a diversión e o deporte no Campus Deportivo de A Estrada!
Comezou agosto, e comezou así a terceira quenda do noso campus! Atrás deixamos o mes de xullo cheo de despedidas e de moitas amizades que naceron froito do deporte e do tempo compartido. Despedimos a quincena practicando cas escolas deportivas de atletismo, baloncesto, bádminton e taekwondo. Ademais tivemos a sorte de contar con Haters&Lovers que viñeron a facer un Scape Room cos nenos mais maiores.
Agora afrontamos unha semana pensando no próximo día da bicicleta que será o martes 11 onde tamén se disputarán as probas de Triatlón, Duatlón e Acuatlón.
E ti xa estás preparado?
O deporte continua no Campus Deportivo de A Estrada!
Encaramos a recta final do mes de xullo, e así rematando tamén a segunda quenda deste Campus Deportivo. Foi tempo de seguir practicando deporte, darnos uns baños na piscina e sobretodo a data mais esperada de todo o mes: visita ao Parque Acuático de Cerceda! O que alí se vive hai que velo: caras de emoción, risas, saltos de felicidade. A verdade que non todas as aventuras están nos tobogáns, senon entre risas e momentos inesquecibles tanto para os nenos como para os monitores. É un día que para nós tamén queda no recordo .
Ademais tamén tivemos a enerxía sufiente para encarar deportes coas Escolas Municipais de Baloncesto, Loita Galega e de Atletismo. Agora só nos queda esperar a este venres para poñer o broche final á esta segunda quenda coa saída á Praia Fluvial do Río Liñares.
Preparados… listos… xa! Seguimos no Campus Deportivo de A Estrada
Xa no Ecuador deste mes de xullo, e coa 2ª quenda comezada, estamos preparadísimos para seguir rumbo a ser os mellores deportistas do Concello. A pasada semana demos por rematada a 1ª quenda na Praia Fluvial de Liñares onde puidemos disfrutar dunha mañá de ruta polo monte e de baño na Praia. Pasámolo xenial! Algunhas despedidas, pero moitos sorrisos por todo o disfrutado. Encaramos esta recta final cun claro obxetivo por parte da maioría de usuarios: excursión ao Parque Acuático de Cerceda, o día mais esperado do mes. Pero non sen antes desafíar unha vez mais aos nosos compañeiros nas probas de Triatlón, Duatlón e Acuatlón. Ademais nesta semana contamos con actividades das escolas deportivas de A Estrada Basket , Atletismo A Estrada e Loita Galega con A Cambadela.
Mentres non chega o tan ansiado día seguimos practicando deportes como o kinball, tenis ou bádminton entre outros.
Superada a primeira semana do Campus Deportivo de A Estrada!
Foron uns días cheos de deporte e diversión entre os que practicamos tenis, escalda para os mais atrevidos, ultimate ou kinball entre outros. Os mais desexados seguen sendo os clásicos fútbol e baloncesto.
Foron uns días cheos de deporte e xogos, onde nos coñecemos mellor cos compañeiros e creamos novos lazos de unión.
Ademais contamos con dúas actividades por parte das Escolas Deportivas do Concello de A Estrada como son Loita Galega por parte A Cambadela e Karate por parte do ClubeBudoyama, onde os nenos e nenas puideron coñecer e practicar estas disciplinas, aprendendo novas
Maña día 15, celebraremos o peche desta primera quincena, poñendo o broche final a dúas semanas repletas de enerxía, compañeirismo e deporte, pasaremos a mañá na Praia Fluvial do Río Liñares.
Gracias a todas as familias pola vosa confianza e aos campistas por facelo tan fácil e divertido cada día!
Benvid@s ao XVII Campus Deportivo de A Estrada!!
Arrancamos o verán 2026 con experiencias, amizade e moito deporte! Nesta nova edición do Campus reunímonos nun entorno onde a diversión e a convivencia son os grandes protagonistas. Nestas primeiras xornadas os participantes disfrutaron de tempo solleiro e sobre todo de moita piscina, boa falta fai para refrescarnos! Ademais foron días de reencontros entre vellos coñecidos e caras novas.
Un ano mais demostramos que o deporte non é só unha competición, senón unha maneira de medrar, coñecer xente e crear recordos inesquecibles. Entre outros practicamos Escalada, baloncesto, Floorball, bádminton .. . Agora queda prepararnos para o día da Bici e as próximas actividades das escolas de deporte.









