Cuntilín Verán

Rematou o verán 

E así, case sen darnos conta, rematou o verán.

Foi un verán cheo de actividades, sobre todo as relacionadas coa natureza. Tivemos grandes xogos, xincanas, xogos de pistas, xogos deportivos… plantamos, creamos, experimentamos, realizamos saídas polo pobo, demos un paseo nun tren turístico e un longo etc. Como sempre, rematamos por todo o alto. Esta última semana  fixemos “O día do circo”, onde  cada un e cada unha mostrou as súas maiores habilidades coas acrobacias, equilibrios, etc.  Outro dos días realizamos un obradoiro de globoflexia e pintacaras,  tamén volvemos a xogar aos xogos máis divertidos que fixemos ao longo do verán, e rematamos ca tan esperada xincana de vehículos! Quen quixo trouxo un vehículo, eso sí, coas súas correspondentes proteccións.  Recreamos unha vila, onde cada quen tiña que circular e cumplir coas normas de educación vial. Rematamos o verán cunha merenda chea de preadas, xa que así é como mellor se remata!

Grazas coma sempre e xa sabedes….non paramos! Cuntilín continua durante o curso escolar, eso si, polas tardes.

Feliz volta á rutina!

Do Homo Habilis ao Homo Sapiens

Pois así como di o título, esta semana no Cuntilín estivemos facendo un percorrido pola prehistoria. Coñecemos un pouco máis a orixe do ser humano, como vivían, como cazaban, recreamos as súas ferramentas, e ata fixemos uns colares como os daquela época.

Pero o acontecemento da semana, e case do ano, foi a eclipse total.  Coñecemos o que son as eclipses e aproveitamos para facer o experimento da caixa estenopeica . Con unha caixa de cartón, papel de aluminio, cinta e un papel branco, conseguimos realizar a nosa caixa,onde se vía o sol reflexado sen ter que mirar para el. Temos que decir que funcionou!

Rematamos a semana con unha festa de disfraces, onde cada un e cada unha deixou voar a imaxinación…

Lembrade que para a semana descansamos luns e martes por festas!

Un saúdo!

“O bingo das plantas”

Aquí estamos unha semana máis no Cuntilín de verán. Estos días realizamos moitos xogos no exterior como:  “os Gazafellos”, “atrapa la bandeira”, “a bomba” e o famoso “cachibote”,  que tanto lles gusta aos maiores. Pero como tocaba afondar na natureza, concretamente nas plantas, fixemos unha “xincana da natureza”  ou un bingo de plantas. Os máis pequenos e pequenas tiveron un contacontos: “Pedro e a horta” e a partir de aí desenvolvemos un gran xogo, onde tivemos que plantar, recoller e identificar.

Como non pode faltar un obradoiro creativo, seguindo coa temática, creamos uns murais e uns cadros con elementos da natureza, os cales colgamos no exterior.

Ata a semana!

Cine no Cuntilín

Esta semana no Cuntilín tivemos unha sesión de cine. Para facela un pouco máis especial, fomos ver a proxección á  Biblioteca Municipal. Como todos os mércores, a festa temática desta semana foi unha “pixamada”. Quen quixo trouxo as súas mellores galas para durmir, ata houbo quen o acompañou do seu peluche favorito. Fixemos xogos, tivemos música, en definitiva, unha xornada ben festiva.

Para remata, tamén recibimos a visita dun adestrador de pombas. Descoñecíamos que existía esa afección, que se denomina “colombofilia” (cría, coidado e adestramento de pombas mensaxeiras). Como agora mesmo é época de cría, trouxéronnos un pombiño e unhas cantas pombas, que unha vez rematada a conversa, liberáronas para que vísemos como volvían para a  súa casa. A verdade é que aprendemos moitas cousas, como que son animais que forman parexa para toda a vida, ou que o coidado das crías o fan de xeito equitativo, metade da xornada coidados a nai e a outra o pai, etc. a verdade e que nos encantou a actividade!

Para a semana máis!

Festa da auga!

Moi boas dende o Cuntilín!

Xa case estamos na metade do verán e por fin fixemos a primeira festa de auga da tempada!Comezamos con diferentes xogos grupais, como carreiras de relevos con globos de auga, a “patata quente”, etc. unha vez rematados tocou a gran esperada “guerra de auga” con mangueira, xoguetes, cubos etc,. Que ben o pasamos!

Pero como sabedes, aquí temos tempo a facer moitas máis cousas. Entre outras, realizamos unha saída polo pobo, fixemos unha xincana con diferentes probas, tivemos un contacontos, xogos no exterior como fútbol sen balón, brilé, plantamos en macetas, realizamos un obradoiro creativo e ata recibimos a “maleta saudable” da cal vos falaremos proximamente.

Para a semana máis e mellor!

Un saúdo!

Primeira saída deste verán

O venres pasado tivemos a primeira saída do Cuntilín deste verán. Foi unha xornada organizada polo Concello de Cuntis, na cal descubrimos a riqueza natural da nosa contorna, da man de Xosé Ramón Reigada (experto en flora e fauna). Aprendemos moitas cousas ademais de desfrutar da paisaxe da beira do río ata os pasos de Meira.

Por outra parte, tivemos unha visita moi especial, o clube de taekwondo: “Nº Phi” veu darnos unha clase/ exhibición deste deporte, que lle encantou a todos e a todas.

En canto a programación, esta semana xirou en torno as árbores. Realizamos un mural nas ventás sobre este tema e creamos uns cespíns moi simpáticos. Tamén  levamos a cabo experimentos para demostrar como a contaminación mata a vida dos océanos; como combatimos os xermes, etc.  Ademais fixemos unha xincana e un xogo de búsqueda  polas árbores do noso patio.

Rematamos cunha festa moi colorida, “festa de cores”. Cada neno ou nena elixiu unha cor para vir vestidos e vestidas.

Ata aquí o máis relevante desta semana. Ata a próxima…

Cuntilín de verán

Benvidos e benvidas ao tan esperado Cuntilín de verán!

Un ano máis aquí estamos para facer máis amenas e divertidas as mañás das vacacións. Como sempre, faremos unha chea de cousas:  saídas, festas temáticas, xogos con auga, xogos deportivos, obradoiros creativos, etc. sen esquecernos da programación, que  nesta ocasión se denomina: “Vitaminas verdes” . O eixo central será a pedagoxía ambiental, para achegar aos nenos e ás nenas de Cuntis ó seu medio cultural, artístico e social e que aprendan a respetalo, valoralo e coidalo.

Xa comezamos coa dita programación, facendo un mural e debatindo como podemos coidar mellor o planeta, lembramos como reciclar e tivemos un obradoiro creativo no que elaboramos as nosas “bruxas lixo”, como a do conto.

Por outro lado, tamén tivemos a primeira festa desta tempada: unha festa “hortera”; levamos a cabo unha xincana moi entretida e realizamos diferentes xogos no exterior…

Ata aquí este primeiro avance…

Para a semana seguirémosvos informando!