Madrugadores Pedrouzos
Despedimos o curso
Dende Madrugadorxs Pedrouzos queremos despedirnos de todos e todas, despois de todo un curso repletiño de diversión, xogos, actividades e moitos enredos, e todo iso rodeado de uns bos almorzos saudables, só nos queda desexarvos unhas marabillosas vacacións de verán e dicirvos que nos vemos en setembro con enerxías renovadas familias!
Chega a primavera a Pedrouzos
Co bo tempo destes últimos días tivo lugar unha auténtica explosión primaveral en Madrugadorxs Pedrouzos. A través dun gran mural foron entrando todo tipo de formas e unha chea de cores… paxariños, bolboretas, flores e árbores, arcos da vella…
Así, con esta alegre decoración demos comezo a esta estación que tanto nos gusta e tamén as vacacións de Semana Santa!!!
A volta seguiremos animando con máis ideas o noso espazo de primavera😉
Unha mensaxe chea de concienciación dende Madrugadorxs Pedrouzos!
Facendo homenaxe ó 25N vai dedicado este bonito cartel colaborativo feito pola cativada de Madrugadorxs Pedrouzos,reflectindo a idea da eliminación de estereotipos e etiquetas e recordando o valor do respecto na diversidade,así como a negación cara a violencia de calquera tipo.
Os vampiros cobran vida en Pedrouzos!
Xa chega o Samaín e con esta festividade a terrorífica sorpresiña que durante estes últimos días andivo a preparar a cativada en Madrugadorxs Pedrouzos: un arrepiante desfile de orixinais vampiros!!!
Pero non teñades medo amig@s…. que ainda que vos resulten algo aterradores… son totalmente inofensivos!
E dende logo máis que preparad@s, para pasar unha divertida ponte de Samaín!
Ata pronto!




