Tardes Divertidas Pedrozos
Fin de curso 2025-2026
Xa estamos rematando este curso polo servizo de TARDES DIVERTIDAS do CEIP de PEDROUZOS de BRIÓN, onde cada neno e nena que asistiu ao servizo nesta última semana final de curso levou a súa medalla que lle deu o equipo de monitores como premio por asistir o servizo dende setembro ata xuño a compartir momentos entre todos nos.
Esperamos que cada asistente o servizo o pasara e desfrutará de ese ratiño ao noso carón, desexámoslle o mellor para este verán, que desconecten para vir con moita enerxía para o vindeiro curso.
Dragón!
Rematamos o mes de abril realizando no servizo de TARDES DIVERTIDAS do CEIP de PEDROUZOS de BRIÓN, unha manualidade que tivo moito éxito entre a nosa rapazada xa que a realizo todo o mundo o seu DRAGÓN con corpo de acordeón, onde cada un/unha coloréao libremente, recortou, dobrou e pegou para despois xogar con el e cos dos seus compañeiros/as.
23A. Marcapáxinas polo Día do libro
A semana pasada, o xoves 23 de abril, polo DÍA DO LIBRO, no servizo de TARDES DIVERTIDAS do CEIP de PEDROUZOS – BRIÓN, reutilízamos cartóns de caixas de cereais ou galletas para facer marcapáxinas co nome de cada persoa que asitiu para que o colorearan e o customizaran libremente como eles quixeron e saíron uns resultados tan molóns como podemos observar na imaxe.
25N: Photocoll Contra a Violencia de Xénero
O 25 de novembro conmemorouse o DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, e no servizo de TARDES DIVERTIDAS do CEIP de PEDROUZOS – BRIÓN, realizamos un mural conmemorativo coas nosas huellas que acabou sendo o fondo do noso PHOTOCOLL onde sacamos unhas fotos de grupo e individuais moi chulas.
20N: Día Mundial dos Dereitos dos Nenxs
Na pasada semana, o xoves 20 de novembro, estivemos a falar cos nenos e nenas que asistiron ao servizo de TARDES DIVERTIDAS do CEIP de PEDROUZOS – BRIÓN, sobre os DEREITOS DOS NENOS E NENAS xa que era o DÍA MUNDIAL DA INFANCIA. Os mais pequenos colorearon o seu propio cartel libremente, mentres os mais maiores realizamos unha dinámica falando dos dereitos que había e onde cada un escribiu o que é o mais importante para cada un e despois díxonolo o resto.
Tamén aproveitamos os días nos que non choveu para saír o patio e escorrentar o frío votando unas carreiras entre nos, ainda que continuamos tamén bailando o trompo e coloreando.
Tutty frutty
Unha actividade que predomina entre todos e todas os usuarios do servizo de TARDES DIVERTIDAS do CEIP de PEDROUZOS (BRIÓN), a parte de colorear, e xogar o TUTTY FRUTTY, onde a parte de aprender novas palabras axudámonos mutuamente uns entre outros para sempre todos acabar con puntos. Hasta lle queren aprender a xogar os seus familiares para xogar con eles/as nas súas casas.
Bailando o trompo
Unha nova semana por TARDES DIVERTIDAS do CEIP DE PEDROUZOS de BRIÓN, onde os mais maiores lle ensinaron aos pequenos a bailar o trompo, onde con varios intentos algunha lle salia moi ben. Ademais seguimos xogando entre nos a distintos xogos como o escondinte ou a saltos, mais pintamos e debuxamos que e a nosa actividade de relaxación xara o final da tarde.
Chaveiros de fantasmas
Polo servizo de TARDES DIVERTIDAS do CEIP PEDROUZOS de BRIÓN, celebramos a nosa semana de SAMAIN realizando chaveiros de fantasmas con oveiras de cartón, ademais de colorear distintos debuxos e xogar entre nos a distintos xogos de asustarnos como o escondinte. Acabamos tamén a semana disfrazados antes de ir a desfrutar da ponte.
Outono 2025
Na pasada semana polo servicio de TARDES DIVERTIDAS do CEIP de PEDROUZOS – BRIÓN, estivemos a falar de cousas do OUTONO, como das castañas e de como se fan, doutros produtos da época estacional, da caiada das follas e as cores que vemos, etc, xa que no venres o cole acababa a semana festexando o MAGOSTO.
A polo novo curso!
Benvidos e benvidas o curso 2025-2026, xa estamos de volta co servizo de TARDES DIVERTIDAS no CEIP de PEDROUZOS – BRIÓN, onde aproveitamos os raios de sol que tivemos nestas semanas de atrás do curso para xogar ao aire libre cos nosos compañeiros e compañeiras de distintos cursos. Tamén aproveitamos para poñernos ao día do que realizamos nestes meses de verán e como se nos presenta estes nove meses de curso que veñen por diante coas actividades as que imos ir.










