Campamento de Verán de Arbo

Recta final do final do campamento: seguimos desfrutando ao grande 

Xa estamos na recta final do noso campamento! 💛 E aínda que estes días o tempo non nos estea acompañando e non poidamos desfrutar da piscina, iso non nos quita as ganas de pasalo ben!

Aproveitamos para desfrutar dunha chea de actividades e xogos: balonmán, baile, 4 esquinas e moitos xogos de pista que nos permiten movernos, rirnos e desfrutar todos xuntos. ⚽💃

Tamén tivemos momentos máis tranquilos con xogos de mesa, como o bingo, o UN e outros xogos que nos encantan. 🎲🃏

Pero, sen dúbida, o que máis ilusión está a #facer é preparar a nosa gran festa de fin de campamento. 🎉 Os nenos e nenas están a poñer moitísimas ganas nos ensaios das obras de teatro e na preparación dos decorados, deixando voar a súa imaxinación e traballando en equipo. 🎭✨

Estamos a vivir estes últimos días con moita emoción, ilusión e, sobre todo, moitas ganas de que chegue o gran día e poidamos ensinarvos todo o que preparamos! ❤️

A recta final promete ser inesquecible! 🥰🏕️🎭

🌞Unha nova quincena chea de aventuras no campamento

Unha nova quincena comezou no noso campamento e, con ela, vivimos reencontros, novas incorporacións e tamén algunhas despedidas. Cada neno e cada nena deixa a súa pequena pegada no campamento, facendo que cada quincena sexa especial e diferente. 💛

Durante estes días desfrutamos dunha chea de actividades e, sobre todo, de moitos momentos compartidos.

💦 Xogos de auga! Aproveitamos os días de calor para refrescarnos e pasalo en grande con diferentes xogos e propostas acuáticas.

🎯 Paintball: unha actividade chea de emoción, estratexia, movemento e, sobre todo, moitos risos.

📚 Actividades na biblioteca: tamén tivemos momentos máis tranquilos para achegarnos á lectura, descubrir historias e desfrutar de actividades na biblioteca.

🎭 Convertémonos en artistas! Estivemos preparando o decorado e ensaiando a nosa obra de teatro. Aos poucos imos dando forma a todos os detalles e traballando en equipo para que o gran momento saia xenial.

💙 Actividades do Programa de Promoción do Galego: participamos tamén en diferentes propostas para achegarnos e desfrutar da nosa lingua e cultura galega dun xeito divertido e participativo.

E así, entre xogos, aprendizaxes, risos e novas experiencias, seguimos construíndo recordos xuntos.

A quen se reencontre connosco, que alegría volver vervos! E a quen tivo que despedirse, esperamos volver atoparnos moi pronto! ❤️

Seguimos desfrutando de cada día do campamento, porque aínda nos quedan moitas aventuras por vivir. 🌈☀️

Remata xullo

Nesta última semana houbo xogos, piscina, saida a biblioteca co espectáculo musical » como crear a tua banda» no que os cativos e cativas cantaron bailaron e tocaron diversos instrumentos musicais; os maiores adentraronse na historia cunha xincana na que pasaron dende a prehistoria ata a idade moderna, facendo en cada etapa unha proba ( crear utensilios con pedras, paus e fios, descifrar xeroglíficos, inventar utensilios que poden me llorar s nosa vida, …), tiveron unha andaina pola ruta dos pescadores e o xogo que mais lles gusta 3 marinos a mar e outros 3 a navegar nos arredores das instalación deportivas .

Continuamos ca diversión en Arbo

Esta semana tiñamos que animar na final do mundial a España e para iso unha manualidade , fixeron unhas maracas e uns banderíns. Disfrutaron de contactos, xogos de pista e de cooperación, dunha xincana de igualdade na que os nenos e nenas se superaban todas as probas conseguian rescatar a lover e hater.
Os máis maiores tiveron un xogo de búsqueda polo monte, no que o pasaron moi, moi ben porque queren repetir.

Despedimos a quenda

Comenzábamos a semana ca visita do programa Lecer consumo da Xunta , que lle trouxo os nenos e nenas unha gincana ca temática «consumo responsable». 

Continuábamos co espectáculo contos de sapos e bruxas na biblioteca municipal.

Saídas a piscina, talleres ,e moitos xogos.

Arrancamos!

Comenzamos xullo e con el arranca o campamento de verano de Arbo.
Imos compartir un verán cheo de xogos, actividades e algunhas saídas.
Está primera semana os nenos e nenas xa pidieron disfrutar da piscina, de saídas para ver uns contactos e dun montón de xogos, pero isto non fixo máis que empezar.