DiverTeo Os Tilos Verán

Diversión de película nos Tilos

Damos o pistoletazo de saída a este DiverTeo 2026, o cal, xira arredor  do mundo do cine.  Nestes primeiros días puidemos desfrutar de unha morea de actividades repletas de risas, creatividade, traballo en equipo e educación en valores.

Unha das actividades máis emocionantes foi a Gran Competición das Estrelas de Cine, na que as nenas e nenos superaron diferentes probas.

A maxia continuou cun Bingo Disney, unha actividade que puxo a proba os coñecementos sobre diferentes personaxes e, a cal, deu un volco xigante a nosa gran competición.

Por outra banda, a creatividade tamén tivo un espazo nestes días coa creación de heroes e heroínas, onde cada participante deseñou o seu propio personaxe e poderes para as nosas películas.

Outro dos momentos máis especiais foi a actividade de educación en valores baixo o lema «Con-Metas de Valores». As nenas e os nenos decoraron cometas nas que plasmaron mensaxes relacionados coa igualdade, o respecto, a inclusión e a diversidade. Frases como «Ames a quen ames, está ben» ou «Un mundo mellor comeza coa igualdade e o respecto» voaron ben alto, lembrándonos a importancia de construír unha sociedade máis xusta e respectuosa. Moi orgullosas de todos e todas!

Para rematar debemos destacar o gran xogo *Furor”, unha das actividades que máis éxito tivo durante a semana. Os nenos e nenas puideron  demostrar as súas dotes artísticas cantando, bailando e ata representando grandes películas. Unha actividade repleta de risas e aplausos!

E, para combater a calor do verán, non podían faltar os xa tradicionais xogos de auga.

Seguimos sumando experiencias, aprendizaxes e momentos inesquecibles nun campamento que, sen dúbida, está a ser… de película!