Madrugadores Pontecesures
🧩 Construción e imaxinación 🏗️
Esta semana estivemos xogando a construír bonecos con diferentes pezas. 🧱✨
Os nenos e nenas deixaron voar a súa imaxinación, experimentando coas formas e as cores para crear personaxes, figuras e composicións únicas.
A través do xogo, fomentamos a creatividade, a concentración e a motricidade fina, aprendendo mentres nos divertimos. 💛
Porque cada peza é unha oportunidade para crear algo novo! 🌈

