Verán en As Neves
Unha semana diferente, pero chea de aventuras
Esta semana o tempo non nolo puxo fácil. Non puidemos gozar dos nosos tan esperados días de piscina e os maiores tampouco puideron achegarse a rematar a súa segunda cabana. Pero se algo sabemos facer no campamento é buscar alternativas e aproveitar cada momento!
Así que, aínda que tivemos que cambiar os plans, non faltaron as risas nin as aventuras. O noso xa coñecido xogo do Monstro volveu con novidades: creamos unha nova versión, o Monstro 2.0, con novas regras e novos retos, e pasámolo en grande poñendo a proba a nosa imaxinación e traballando en equipo.
Tamén tivemos tempo para desfrutar do bádminton e descubrir novos xogos de mesa como Island, Catan e Cluedo.
Unha das actividades máis especiais do grupo dos maiores foi a nosa xincana de detectives, na que, a través de diferentes pistas e probas, intentamos aprender a importancia de traballar en equipo, axudarnos, escoitarnos e respectarnos. Percorremos diferentes espazos da contorna de As Neves converténdonos en auténticos investigadores e superando cada reto xuntos.
E se pensabades que a chuvia nos ía parar… nada diso! Ao principio parecía que ía complicarnos a misión, pero acabou facendo que a aventura fose aínda máis divertida. Entre pistas, probas, carreiras e algunha que outra molladura, demostramos que non hai chuvia que poida coas nosas ganas de pasalo ben!
Tamén tivemos unha visita moi especial ao Centro de Día, onde compartimos un anaco de tempo cos nosos maiores. Xuntos realizamos unha bonita manualidade, compartindo creatividade, conversacións e moitos sorrisos. Foi unha desas actividades que nos deixan momentos moi especiais.
E tamén tivemos tempo para coñecer e desfrutar da petanca da man dos membros do club de petanca do casal, que nos ensinaron un pouco máis sobre este deporte e nos fixeron pasar unha mañá diferente e divertida.
E, como non podía faltar nun campamento, tamén vivimos unha noite moi especial coa nosa acampada. Montamos as tendas, compartimos xogos, risas e momentos xuntos e desfrutamos dunha experiencia diferente que seguramente quedará entre os recordos máis bonitos destes días.
Porque no campamento tamén aprendemos que, cando os plans cambian, sempre podemos imaxinar, crear e atopar novas formas de pasalo ben.
E aínda que o tempo esta semana non nos deixou facer todo o que queriamos… as ganas de desfrutar non nos puideron parar
💦 Pasada por auga, pero sobre todo, por diversión!
Esta semana, como sempre… pasada por auga!. Porque os días de piscina son, sen dúbida, os que máis nos gustan.
Tamén fixemos unha saída ao miradoiro de Santa Bárbara e rematamos, como non podía ser doutra maneira, na piscina!
Tivemos tempo para xogar, rir e desfrutar xuntos. E o grupo dos pequenos volveu presentarnos a súa nova canción e está vez con baile incluido, que por certo a canción está chulísima!
Outra semana chea de aventuras, xogos e momentos para lembrar.
Última semana de julio e primeira de agosto.
Esta semana gozamos de días de piscina, celebramos unha divertida Festa da Auga para despedir o mes de xullo e aos compañeiros que xa non continúan en agosto, e tamén lle demos a benvida aos novos compañeiros.
Ademais, vivimos un Got Talent espectacular, con bailes, cancións, obras de teatro e moitos chistes. E, por suposto, os monitores tamén se animaron a bailar e cantar.
Outra semana chea de diversión, risas e bos momentos!
🌞 Semana de manualidades no Campamento de Verán de As Neves
Esta semana vivimos uns días cheos de creatividade e diversión. Os nenos e nenas desfrutaron de numerosas manualidades, xogos, actividades ao aire libre e tamén de momentos moi refrescantes na piscina para facer máis levadeiras as altas temperaturas.
Cada día foi unha nova oportunidade para aprender, compartir e pasalo en grande.
E a próxima semana… que novas aventuras nos agardarán? 😊
Convivencia, deporte e novas experiencias
Estes días recibimos a visita dos nenos e nenas de Portugal na área recreativa de Santa Mariña, onde compartimos unha mañá de xogos, diversión e convivencia.
Despois realizamos diferentes saídas. Un grupo desprazouse á biblioteca de Portugal para participar en actividades e xogos cos nenos e nenas portugueses. Outro grupo visitou o Parque da Canuda, en Salvaterra de Miño, onde ademais de xogar, puideron dar de comer aos animais e coñecer aos novos integrantes do parque: uns pitiños nacidos recentemente.
Pola súa banda, o Campus Deportivo achegouse ao campo de petanca de Salvaterra de Miño, onde varios membros do Club de Petanca O Casal lles explicaron as normas básicas deste deporte e tiveron a oportunidade de practicar e gozar dunha divertida xornada de petanca.
Unha semana pasada por auga… e chea de diversión!
No Campamento de Verán de As Neves vivimos uns días inesquecibles desfrutando de xogos de auga, refrescándonos na piscina e realizando a nosa primeira saída.
Foron xornadas cheas de risas, amizade, aprendizaxe e moitas aventuras, nas que os nenos e nenas aproveitaron ao máximo cada momento.
E isto… só acaba de comezar!
Primeira semana de Campamento pasado por auga
O Campamento de Verán de As Neves xa está en marcha e comezou da mellor maneira: ¡pasado por auga! Durante estes primeiros días, os nenos e nenas gozaron de xogos de auga, unha divertida festa da auga e das primeiras xornadas de piscina, compartindo momentos de diversión, convivencia e moitas risas.







