O pasado venres gozamos dunha divertida xornada no colexio CPR Plurilingüe San Fermín, chea de creatividade cos nenos e nenas, na que realizamos un obradoiro de cabazas cheo de cor, imaxinación e risas.

Durante a actividade, os pequenos artistas decoraron as súas propias cabazas con todo tipo de materiais: feltro, follas, cartolinas e moitos adornos orixinais. Ademais, fixemos manualidades temáticas relacionadas co outono e o Samaín, como recortes, debuxos e pequenas creacións para personalizar as súas cabazas.

Foi unha experiencia marabillosa na que todos participaron con entusiasmo, compartindo ideas e deixando voar a súa creatividade.