Ao longo deste mes continuamos coa realización de tarefas e dinámicas dirixidas a estimular as nosas capacidades cognitivas, traballando especialmente a atención, a concentración, a axilidade mental e a imaxinación; como por exemplo a través da creación colectiva de historias.
Por outra banda, tamén tivemos a sorte de contar con visitas moi especiais relacionadas coa historia do noso pobo, Pontecesures. Nunha destas sesións, viñeron gravar o noso obradoiro, onde os participantes, a través de tarxetas con preguntas, puideron comentar a importancia de Pontecesures no Camiño de Santiago, pero tamén demostrar os seus coñecementos sobre a historia e as curiosidades do pobo. Por outro lado, tamén gozamos dunha charla na que houbo espazo para as preguntas, os recordos e as aportacións de todos e todas. Foron dúas experiencias enriquecedoras que nos permitiron seguir exercitando a memoria mentres aprendíamos, compartíamos vivencias e poñíamos en valor a historia da nosa contorna.
Porque recordar e compartir xuntos é tamén unha bonita forma de manter viva a nosa memoria e as nosas raíces.
