As aldeas de Troáns, Cequeril, Magán, San Mamede, Teaño e Cuntis (OMIX) levan xa un mes desfrutando dos Talleres de Memoria, unha iniciativa que busca fomentar o benestar e o envellecemento activo a través do exercicio mental.

Durante este primeiro mes de curso traballáronse diferentes aspectos relacionados coa memoria, a atención, a percepción e a linguaxe mediante exercicios e, por suposto, xogos.

Na parte máis lúdica realizáronse actividades de estimulación cognitiva como Pasa palabra, Palabras encadeadas, Adiviña quen son, Continúa a historia, así como xogos de música e canto sobre temáticas variadas, ademais do Tabú e o Bingo especial de Samaín.

Estas dinámicas, ademais de ser entretidas, contribúen a reforzar a memoria e a atención dunha maneira divertida e motivadora, xa que gozar das actividades é tamén unha parte fundamental do proceso de aprendizaxe e estimulación mental.

A acollida está a ser moi positiva, e seguimos con ilusión este novo curso, compartindo momentos, risas e aprendizaxes en cada sesión.