Esta fin de semana celebramos en Cuntis o tradicional Magosto. Nel realizamos diversas manualidades elaboradas con castañas, entre elas trompos, tres en raias e os tradicionais colares de zonchos.

Estes colares eran moi típicos en Galicia, especialmente arredor do Día de Defuntos. Antigamente facíanse con castañas cocidas coa súa cáscara, e críase que cada castaña comida representaba unha alma liberada do purgatorio.

A través destas actividades conseguimos que a rapazada se divirta, participe e, ao mesmo tempo, coñeza tradicións e xogos populares que pouco a pouco se van perdendo.