Con motivo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, no Taller de Estimulación Cognitiva desenvolveu ese mesmo martes unha actividade especial centrada na reflexión sobre os estereotipos de xénero presentes na linguaxe popular. A sesión xirou arredor dos refráns tradicionais, moitos deles cargados de mensaxes que reforzan desigualdades e roles impostos.
As persoas participantes analizaron unha selección de expresións populares e, a través dun traballo conxunto de memoria, linguaxe e creatividade, identificaron as ideas machistas ou discriminatorias que transmiten. Posteriormente, reformuláronos para convertelos en mensaxes positivas, igualitarias e respectuosas.
A actividade buscou, ademais da estimulación cognitiva propia do taller, promover unha reflexión colectiva sobre como a linguaxe configura a forma de pensar e reforza, ou combate, a desigualdade.
Con iniciativas como esta, o taller de estimulación cognitiva súmase á reivindicación do 25N, lembrando que a educación, a conciencia crítica e a igualdade tamén se constrúen dende a palabra.

