O Concello de Cuntis celebra con éxito o segundo mes dos Talleres de Memoria. Iniciativa que se consolidou como un espazo fundamental para fomentar a saúde mental e a socialización.

Continuamos rexistrando unha alta participación por parte das persoas usuarias, mostrando gran interese por parte da veciñanza por manter unha mente activa e previr o deterioro cognitivo.

Ao longo deste mes continuamos realizando exercicios lúdicos e dinámicos como o Tuttifrutti, Preguntados, “2 verdades e 1 mentira”, deixamos voar a nosa imaxinación creando a partir dun debuxo dado outro, memorizamos e contamos historias de personaxes inventadas, meténdonos na súa vida, lembramos datos sobre elas, sobre os seus traballos, gustos e aspectos que os definían e intercambiamos a información coas compañeiras e compañeiros.

En definitiva, divertímonos e rímonos á vez que adestramos as nosas capacidades cognitivas dun xeito ameno e participativo.