Arrancou o verán da CRA A Cantoñeira, na Biblioteca Infantil Lucho do Peto, en Aído, Teo. Durante a primeira quincena de xullo, a rapazada puido desfrutar da lectura e dos contacontos, así como de xogos e actividades en plena natureza, nun contorno tranquilo e protexido. Un amplo espazo verde no que non faltaron o compañeirismo, as risas e as ganas de explorar, descubrir e aprender.

A través de probas detectivescas, xincanas, manualidades, xogos tradicionais, xogos de mesa, crebacabezas e moitas lecturas, os nenos e nenas viviron unha chea de aventuras mentres aprendían a respectar a natureza e a coñecela mellor, deixando voar a súa imaxinación.

Cada día converteuse nunha nova oportunidade para facer amizades, gañar confianza, traballar en equipo e crear recordos que levarán consigo durante todo o verán.

E isto non fixo máis que comezar! Aínda queda moito verán por diante para rir, desfrutar e compartir momentos inesquecibles de amizade, con moitas aventuras, xogos, historias e sorrisos por compartir.

Que siga o verán!