O Taller de Memoria e Estimulación Cognitiva do Concello de Caldas de Reis iniciou as súas vacacións de Nadal, tras rematar as sesións o pasado xoves 18 de decembro.

Ao longo destes meses, as persoas participantes asistiron de maneira regular ás sesións, nas que se traballaron diferentes funcións cognitivas como a memoria, a atención, a linguaxe e o razoamento, combinando exercicios específicos con dinámicas lúdicas e de socialización.

Como peche do trimestre, o grupo celebrou unha xornada especial, na que non faltaron unhamerenda e unbingo, actividade que permitiu gozar dun ambiente distendido e festivo, reforzando os lazos entre as persoas asistentes.

O taller retomará a súa actividade habitual o 8 de xaneiro, continuando coa promoción do envellecemento activo, o benestar e a estimulación cognitiva da veciñanza do Concello de Caldas de Reis.