Este mes de decembro estivemos a tope con actividades moi completas e, sobre todo, moi divertidas:
- Busca de sinónimos
- Xogos de memoria con números
- Formación de palabras
- Creatividade a partir da plantilla “Isto non é unha flor”
- Cálculo mental dun xeito diferente: con cartas e matamoscas
- Ou o xogo do Tabú, que foi todo un éxito.
E como estamos neste mes tan especial… 🎄 tamén traballamos o cálculo con elementos de nadal e exercitamos a memoria lembrando palabras que nos conectan con estas datas tan simbólicas.
Para pechar o ano como se merece, desfrutamos dunha pequena merenda xuntas e rematamos cun bingo cheo de risas e como non, premios. Pasámolo xenial! Agora toca descansar un pouquiño… Vémonos á volta con máis actividades e aprendizaxe.

