Comezamos unha nova semana traballando a emoción do amor facendo un mural colaborativo onde cada neno e nena pintou o seu corazón do amor, identificando as persoas da súa contorna que máis queren. Logo, recortáron cada un o seu e pegáronno formando un gran corazón. Despois de merendar xogamos, e posteriormente fixemos unha ronda onde cada un ía dicindo unha cousa positiva dun compañeiro. Finalmente fixemos o xogo do “Teléfono estragado” onde cada neno ía transmitiendo aos compañeiros unha mensaxe sen que os demáis a escoitasen, en baixiño. Entón a última persoa tiña que desvelar a mensaxe en voz alta para ver se coincidía coa inicial.
Un novo día amanece na Ludo de Nadal e, por petición da rapazada fixemos a carta aos Reis Magos debuxando aquilo que lles gustaría que lle trouxesen. Despois xogamos á “Bomba” e ó “Intruso” e finalizamos o día co xogo libre vixiado.
Damos por comezado o ano traballando o enfado a través da elaboración dun volcán cunha caixa de cartón, periódicos e témperas marrón e vermella. Ademais, fixemos unha reflexión conxunta falando das cousas que nos enfadaban e como podemos canalizar esta emoción.
Finalmente fixemos o xogo de “Apaga o volcán” onde as crianzas corrían simulando volcáns e á voz de “calma” tiñan que parar, respirar e sentarse.
Rematamos o último día da Ludo de Nadal decorando cada un o seu pasaporte das emocións, personalizado e onde plasmaron as emocións traballadas durante a súa estadía na Ludoteca. Ademais fixeron as súas decoracións: lentes, bigotes, coroas, lazos, etc, e fixemos unhas fotos divertidas, rematando co xogo das “Estatuas musicais” e globos.

