Moi boas, dende o Cuntilín de Nadal! Aínda que foron poucos días, aproveitámolos para facer unha morea de cousas. Realizamos obradoiros creativos, como unha “casiña de xenxibre”, unha árbore dos desexos para levar para a casa, diferentes debuxos de Nadal, postais…
Tivemos dúas saídas, unha a correos para deixar as cartas a Papá Noel, e outra ao parque. Fixemos grandes xogos, como un bingo con premios, o xogo da “bomba”, xogos musicais, xogos no exterior, etc.
Rematamos o ano coa nosa xa tradicional festa de Fin de ano. Viñemos elegantes, tomamos as “uvas” que neste caso foi con gusanitos, e rematamos con unha merenda.
Non podemos esquecernos dos obradoiros de lectura do Nadal, dos xogos de mesa, da carta aos Reis Magos e sobre todo, do tempo que pasamos xuntos e xuntas, xogando e desfrutando destas datas.
Un saúdo dende o Cuntilín de Nadal!

