Chegamos ao último día desta quenta de Nadal, uns días repletos de enerxía, sorrisos, diversión e moita ilusión. Durante esta quenda do Diverteo os nenos e nenas dos Tilos puideron disfrutar dunha morea de actividades, nas cales, desenrolaron ao máximo a súa creatividade.

Comezábamos dando a benvida coa creación dos nos calcetíns de Nadal, os que logo, puidemos colgar na nosa gran cheminea! Un toque moi navideño para o noso comedor, no cal, puidemos desfrutar de grandes festas estes días, comezando por unha pixamada, tomando as doce uvas e ata convertendo nunha gran pista de baile para dar a benvida a este 2026.

Pero ademáis de tanta festa tamén tivemos tempo para crear unhas bolas de neve, experimentar coa ciencia mediante varios experimentos, crear variñas máxicas para que se cumpran os nosos desexos e ata crear fogos artificiais! Sen olvidarnos de deixar un tempo para adicar as nosas queridas maxestades, Os Reis Magos, quenes nos fixeron correr todo o colexio en busca do seu trono perdido para logo agasallarnos cun gran buzón, onde puidemos deixar as nosas cartas cheas de ilusión, esperando polo noso gran paxe, algo despistado.

Entre risas e moito xogo, chegamos ao final desta quenda, despedíndonos dunha forma especial: creando uns preciosos pingüíns que nos acompañarán ata o remate deste longo inverno.

Sen máis, só nos queda dicir… ata a próxima!