O Taller de Memoria e Estimulación Cognitiva de Caldas de Reis retomou a súa actividade logo das vacacións de Nadal o xoves 8 de xaneiro, ofrecendo de novo un espazo de aprendizaxe, participación e benestar para as persoas asistentes.
Durante as sesións realízanse fichas de traballo nas que se estimulan diversas áreas cognitivas, como a atención, a memoria, o cálculo ou a linguaxe. Ademais, complétanse as actividades con xogos dinámicos e motivadores, como o dominó de sumas e restas, o xogo do Basta, o bingo e outras propostas lúdicas que favorecen a socialización e o exercicio mental.
O taller continúa apostando por unha metodoloxía activa e participativa, combinando traballo cognitivo e xogo, co obxectivo de manter e reforzar as capacidades mentais nun ambiente agradable e próximo.

