As persoas maiores da residencia Porta do Camiño de Santiago, compartiron unha mañá moi especial con mozas do Colexio Maior San Agustín de Santiago nun obradoiro de manualidades con teas africanas.

Durante a actividades, maiores e estudantas traballaron xuntas creando pezas cheas de cor mentres conversaban e compartían historias. O encontro estivo cheo de risas, aprendizaxe mutua e dun fermoso intercambio entre xeracións que demostrou que a creatividade non ten idade.