Ao longo do mes de abril, no concello de Frades, leváronse a cabo diversas actividades de estimulación cognitiva orientadas a traballar capacidades como a atención, memoria, linguaxe, cálculo e intelixencia emocional. As sesións desenvolvéronse a través de dinámicas participativas e adaptadas, favorecendo tamén a interacción social e o benestar emocional das persoas participantes.
Entre as actividades realizadas destacaron xogos de atención e rapidez como o “xogo do pompón”, exercicios prácticos de xestión do diñeiro para fomentar a autonomía nas actividades da vida diaria, dinámicas de pasapalabra coa temática da primavera e actividades de identificación e expresión de emocións a través da arte.
Estas propostas permiten estimular diferentes áreas cognitivas dun xeito lúdico e motivador, promovendo ao mesmo tempo a participación activa, a comunicación e o mantemento das capacidades funcionais.

