Este outubro retomamos con moitas ganas o noso Obradoiro de memoria en Pontecesures. Estas primeiras sesións dedicámolas a presentarnos, coñecernos mellor e dar a benvida a todas esas novas persoas que este ano se uniron a nós.
Puxemos en marcha xogos dinámicos e actividades grupais traballando a nosa memoria, a atención, a concentración, a linguaxe e a axilidade mental; fomentando así que todos e todas participen. Levamos a cabo tamén diferentes exercicios compostos por secuencias, sopas de letras, busca de diferenzas… Todo cun obxectivo claro: fomentar as nosas capacidades cognitivas dunha forma entretida e estimulante.
Arrincamos e continuamos con moitas ganas de seguir exercitando a nosa mente!
