O pasado martes 6 de outubro deron comezo as clases de memoria de Valga, unha actividade pensada para favorecer o envellecemento activo e manter a mente en forma a través de diferentes exercicios de estimulación cognitiva.
Ao longo das sesións, as persoas participantes traballan con fichas e actividades variadas que lles permiten exercitar a memoria e desenvolver distintas capacidades cognitivas. Entre as propostas atopamos sopas de letras, exercicios de linguaxe, actividades de percepción visual, xogos de atención e concentración e outros retos de estimulación cognitiva.
A actividade desenvólvese todos os martes do mes e conta con dous grupos, distribuídos en diferentes horarios e espazos:
- Primeiro grupo: de 10:00 a 11:30 h, no C.O.D.I.
- Segundo grupo: de 11:45 a 13:15 h, no Auditorio de Valga.
A través destas sesións buscamos crear un espazo de aprendizaxe, participación e convivencia, no que as persoas participantes poidan manter a mente activa, reforzar as súas habilidades e, sobre todo, desfrutar aprendendo e compartindo momentos en boa compañía.
Porque nunca é tarde para seguir aprendendo e adestrando a nosa mente!
