Este sábado celebramos no Concello do Pino a Xornada de Familias Igualitarias e Corresponsables, unha mañá chea de diversión, participación e aprendizaxe compartida.

As familias participaron no itinerario «Camiño da Corresponsabilidade», con diferentes propostas como pintura, xogos e un escape room con misións corresponsables. Tamén desfrutaron dun gran xogo familiar e dun aperitivo para poñer o broche final á xornada.

Un espazo para compartir tempo de calidade, fomentar a colaboración e lembrar que a corresponsabilidade é cousa de todas e todos. 💚

Grazas a todas as familias que participaron e fixeron posible esta mañá tan especial!