Coa chegada deste novo curso, volvemos a reunirnos para compartir momentos, aprender e manter a nosa mente activa. Estas primeiras semanas dedicámolas a presentarnos, coñecernos mellor e reencontrarnos con compañeiros e compañeiras que repiten experiencia. Foi un comezo cheo de conversacións, participacións e bo ambiente.
Durante estas sesións combinamos xogos de memoria con dinámicas colectivas, estimulando así as nosas capacidades cognitivas, á vez que desfrutamos aprendendo en grupo. Tamén fixemos tarefas como sopas de letras, series numéricas, busca de diferenzas e incluso debuxos colaborativos sobre o Samaín. Afrontamos así pequenos retos que nos permiten exercitar a memoria, o razoamento e a atención; mantendo a nosa mente activa dunha forma divertida.
Seguiremos avanzando neste novo curso!
