A residencia Porta do Camiño encheuse de ambiente festivo para celebrar o tradicional Magosto. Nunha xornada de convivencia, lembranzas e alegría, as castañas foron as protagonistas, acompañadas de bos momentos e do pracer de compartir unha das tradicións máis queridas do outono galego.

Unha celebración para manter vivos os nosos costumes, compartir experiencias e seguir creando momentos especiais.

Porque as tradiciós saben mellor cando se comparten.