Hoxe queremos compartir unha noticia moi especial para todas as persoas que formamos parte de SIF – Servicios Integrales de Formación S. L.

Recibimos unha comunicación do Consorcio da Zona Franca de Vigo na que se nos informa de que a nosa empresa foi recoñecida en 2026 co indicador ARDÁN de ALTO RENDEMENTO, un distintivo que pon en valor a nosa capacidade para competir, innovar e xerar valor.

Un recoñecemento que ten un significado aínda máis especial se temos en conta que só arredor do 3 % das máis de 45.000 empresas galegas analizadas consegue superar os limiares establecidos para obter algún dos indicadores de excelencia empresarial.

Pero detrás deste recoñecemento hai moito máis ca unha cifra ou un distintivo. Hai anos de traballo, esforzo, compromiso, ilusión e, sobre todo, persoas. Persoas que cada día fan posible que SIF siga medrando, afrontando novos retos e desenvolvendo proxectos con ilusión e responsabilidade.

Por iso, este logro é de todo o equipo. De quen está, de quen estivo e de todas as persoas que, dun xeito ou doutro, contribuíron a construír o que hoxe somos.

Recibimos este recoñecemento cunha enorme gratitude, pero tamén como un impulso para seguir avanzando, mellorando e traballando con máis ganas ca nunca.

Grazas a todas as persoas que formades parte deste camiño. Este recoñecemento tamén é voso!