Semana curta de maio

Esta semana de tres días en Pedrouzos dedicáronlla a facer un florido maio con motivo da chegada deste mes tan cheo de cor.

O TEATRO CHEGA A TEO MADRUGA

Nos meses de maio e xuño achegaremos aos nenos e nenas ao derradeiro elemento das artes creativas, o teatro. O teatro abre aos nenos e nenas as portas cara á creación, á interpretación, e estimula a imaxinación, todo iso dun xeito divertido. Tamén axuda na...

Muñeiras, baile e xogos con música….

Esta semana en Calo combinamos diversas actividades. Aprendemos os pasos dunha muiñeira, o noso baile galego por excelencia, fixemos xogos con música recoñecendo diversos estilos de danza e música, e para rematar xogamos  fora ao brilé.