REMATA O CAMPAMENTO DE NADAL DE ARBO.

Os nenos e nenas desfrutaron duns días cheos de ilusións e actividades: xogos,  xincanas, deportes e  manualidades propias da época do Nadal.  E os que quixeron puideron acompañas a S.M  Melchor na carroza da cabalgata dos reis. Pasárono xenial!!!.

PUNTO LILA NA FESTA DA LAMPREA

Este fin de semana Arbo celebrou a Festa da Lamprea onde estivo presente o Punto Lila. Un punto de información e asesoramento. Moita xente da contorna e de fora,  achegáronse a preguntar para saber que función tiñamos e quedaron contentos con saber que se pasase...

QUÉ FIXEMOS ESTA SEMANA SANTA EN ARBO?

Inda que pasada por auga, en Arbo iso non nos importou para poder pasalo ben; pelis, scape room, xogos de mesa, obradoiros, deportes… foi o que puideron facer entre outras cousas esta semana santa os cativos e cativas que asistiron o campamento.

SAMAÍN EN ARBO

O 31 de outubro celebrouse no multiusos de Arbo o Samaín para nenos e nenas de entre 3 e 12 anos. Unha festa onde os e as participantes puideron disfrutar do concurso de disfraces, DJ, túnel do terror e moitos xogos.