Durante o mes de xuño estivemos realizamos diferentes actividades nos talleres, como exercicios de clasificación por categorías, sumas e restas, problemas matemáticos, o xogo das “Historias Loucas” e partidas ao xogo de mesa Trouleada.

Para rematar ben o curso, celebramos unha merenda na que moitas das persoas participantes colaboraron traendo comidas e doces elaborados por elas mesmas, creando un momento moi agradable para compartir, conversar e desfrutar en compañía.

E non queremos rematar sen agradecer a participación de todas as persoas que formaron parte destas actividades ao longo do curso.

Desexámosvos un moi bo verán e unhas felices vacacións. Foi un pracer compartir este tempo convosco. Ata a volta!