Nadal en As Neves

Este ano o campamento de nadal das Neves estivo repleto de talleres e de todo tipo de actividades: xogos, manualidades, risas e incluso unha visita ao centro de dia municipal das Neves. En resumo unhas semanas cheas de diversión e de maxia.

FESTA SAMAÍN en AS NEVES

Este martes 31 de outubro pola tarde celebrouse a festa de Samaín en As Neves. Ós obradoiros e concurso de cabazas asistiron sobre unhas 40 nenas e nenos e as súas familias e tamén as autoridades políticas, alcalde e tenente de alcalde. Por motivos meteorolóxicos...

Visita ao centro da empresaria e antiga alumna Begoña Alonso

O pasado xoves, visitamos a EFA A Cancela (As Neves) onde, a través da súa experiencia como mestra e emprendedora, Begoña explicounos os seus inicios no mundo empresarial, os riscos que iso conleva, e sobre todo as vantaxes que para ela supón traballar por conta...

Centenario do falecemento da Marquesa de As Neves

Este 22 de abril do 2021 é o centenario do pasamento da Marquesa do Pazo da Mercé, por este motivo o Concello de As Neves levará a cabo diferentes actividades. Unha delas é a colocación dun banco na súa honra no instituto que leva o seu nome, IES Pazo da...

Mulleres galegas

Na mañá de hoxe celebrouse a entrega de premios do concurso Mulleres  galegas en As Neves. Os premios foron entregados pola  Concelleira e consistiron en bonos  por valor de 100€, 75€ e 50€ para gasto no comercio local, así como un cadro replica cos...